¿Qué poido facer eu para axudar ó Sector Agrogandeiro en Galicia?

¿Qué poido facer eu para axudar ó Sector Agrogandeiro en Galicia?

Temos dúas alternativas:

1. Non facer NADA e botarlle a culpa da situación actual á administración, goberno e globalización, que é unha opción moi válida, xa que temos toda a razón do mundo (se eles non actúan, isto non vai a mellorar)

2. Crear algo tan insignificante coma un Blog, no que poñas o servizo dos gandeiros galegos, os teus coñecementos sobre un tema no que teñas unha certa especialización, neste caso na FERTILIZACIÓN ou ABONADO dos terreos agrarios.

Esta segunda opción, non vai a mellorar o agro galego, simplemente, chegado o caso, podería facer que a xente que vive desto, puidera chegar a administrar dun xeito máis eficiente e racional os fertilizantes propios e alleos, repercutindo isto nunha mellora das súas colleitas, e polo tanto das súas explotacións.

16 nov 2011

¿Qué poido facer eu, para axudar ao Sector Agrogandeiro en Galicia?

A verdade é que non é a primeira vez que me formulo esta pregunta; É unha pregunta que me gustaría facerlle a amigos e compañeiros, xa que estou seguro, de que todos pensamos que unha persoa de forma individual, non é capaz de incidir no presente e futuro dun sector estratéxico en Galicia.

Para esta pregunta, a verdade e que soamente tiña unha resposta: NADA

Pode un pensar:

- ¿Cómo pode unha persoa AXUDAR a un sector no que o prezo do leite se mantén a uns prezos tan baixos?
- ¿Cómo pode unha persoa AXUDAR a un sector no que os custes de produción (pensos, combustibles e fertilizantes) son cada vez mais altos?
- ¿Como pode unha persoa AXUDAR a un sector que ten un grave problema de base territorial?
- ¿Cómo pode unha persoa AXUDAR a un sector que ten ... tantos e tantos problemas?

A alternativa a non facer nada, é a creación de un insignificante Blog, no que ser capaz de transmitir coñecementos, neste caso sobre a Fertilización de terreos agrarios, a aqueles gandeiros que poidan estar interesados en mellorar a xestión dos seus recursos fertilizantes, tanto propios como alleos, para mellorar o rendemento das súas colleitas, e polo tanto mellorar o rendemento das súas explotacións.

Gustaríame resumir este concepto en "Ensinar, para Aprender" , no que se tratará de resumir os conceptos mais importantes de xeito claro e conciso publicados ata o momento no tocante a fertilización, tanto en libros, publicacións técnicas, cursos, etc, así como eu aprender da experiencia dos propios gandeiros.